13 de xan. de 2014

R.C. Celta de Vigo - Valencia C.F.

Esta é a tropa que se deu cita para a churrascada. 11/01/14
Boa xornada a de este sábado para o noso Celta, que venceu meritoriamente no vello Balaídos ó Valencia C.F. remontando o tempraneiro gol ché.

Unha boa segunda metade do Celta, con Rafinha, Orellana e Charles moi enchufados no partido, serviu para remontar un partido que ó final dos primeiros 45 minutos presumíase moi dificil.

Para os Centolos e as Centolas non só foi unha boa xornada polo resultado do seu equipo, xa que dende moi cedo xa comezou a parranda polas proximidades de Balaídos.

Xa dende á unha do mediodía había Centolos e Centolas polos bares próximos ó municipal vigués, pero a cita oficial estaba no "Nuevo París", onde desfrutamos de un bo xantar en boa compaña e aproveitamos para coñecer a dous novos membros da peña.

Xornada completa a do sábado e por certo...Benvidos Montse (Travesía) e Richi (Suiza) ó fondo da Ría !!!