28 de xul. de 2014

II Memorial Jaime Vilar Estévez

Centolada ó final do torneo. 
O pasado 25 de Xullo os amigos da peña Arribada Celeste de Baiona voltaron a organizar o "Memorial Jaime Vilar Estévez" no campo do Aral de Baiona.

Nesta segunda edición quedamos encadrados no primeiro grupo xunto cos compañeiros das peñas Arribada1, Comando e Yoel.

Unha vez máis os membros da peña baionesa organizaron un torneo de fútbol sete onde a cordialidade e o bo rollo reinaron dende ben cedo ata o final do torneo, alá polas 20:00 hrs.

Centolos Celestes, a pesares de comezar cunha contundente victoria ante Arribada1 non puido impoñerse as peñas Comando e Yoel, non puidendo chegar o equipo amarelo ás ansiadas semifinais.

Polo equipo amarelo temos que destacar a implicación dun grupo, con numerosas ausencias, pero moi loitador, que pelexou dende o primeiro ata o derradeiro minuto. Iago e Aaron foron os goleadores.

Primeira formación do equipo amarelo en Baiona.
Pola nosa banda queremos agradecer o trato dispensado polos organizadores ademáis de darlle a noraboa ós xustos campión do torneo, Irmandiños1923, que repetiu victoria no Aral.

E coma non, agradecer a cada un dos integrantes do equipo amarelo o seu esforzo e á afección desprazada o seu alento incansabre.

Voltaremos !!!

24 de xul. de 2014

Tempada 2014 - 2015. Comezamos?

Tempada 2014 - 2015. Comezamos'
Comezamos? O vindeiro 24 de agosto comeza o espectáculo. Volta o fútbol ó vello Balaídos, volve o noso Celta tras máis de dous meses sen ver rodar o balón polo céspede do municipal vigués.

Comeza unha nova tempada, con enerxías e obxetivos renovados, con moitas novidades no plantel do Celta e con moitas ilusións na afección.

O primeiro rival será o Xetafe, o primeiro dun longo camiñar, que este ano incluirá dous derbis que seguro que será, alomenos, moi intensos tanto para os celtistas como para os "veciños do norte".

En Centolos Celestes viviremos a nos oitava tempada ó carón do Real Club Celta de Vigo. Novos retos, viaxes e aventuras. Cánticos e actividades. Todo, dende o noso punto de vista, todo dende o fondo da Ría.

Iniciamos unha nova singladura. ¿Queres coñecer o fondo da Ría?