9 de dec. de 2014

Visita a Adegas Val Miñor

O pasado 22 de novembro vivimos unha xornada diferente na que aprendimos e disfrutamos dun dos segredos mellor gardados das Rías Baixas, o seu viño, da man do gran Érick García e de Adegas Valmiñor.

A xornada comezaba cedo na extensa finca de "A Catuxa", no Rosal, onde coñecemos as características das cepas e da súa disposición nun entorno expectacular.

Posteriormente desprazámonos a esta adega que elabora viños da D.O. Rías Baixas, con caldos monovarietais de uva albariña ou loureira, ata as máis exquisitas misturas con uvas loureiras, caíño branco e coma non, treixadura.

Érick guiounos polo edificio, e polos procesos que levan á uva dende a viña ata a botella, coa intervención de toda a maquinaria, e o cariño das xentes do viño.

Para rematar una xornada tan especial, Adegas ValMiñor agasallounos cunha gran cata dos seus viños e cunha foto conmemorativa do evento. Ademáis, os socios de Centolos Celestes gozarán durante un ano dun desconto na tenda da adega presentando o seu carnet do fondo da Ría.

Moitas grazas pola xornada e moita sorte para esta pequeña gran adega galega.

Presentación de "Bocas Cosidas". Un libro de Rubén de Marina.

O pasado sábado día 15 de novembro asistimos á presentación do libro "BOCAS COSIDAS, Historias que buscan director" do noso polifacético actor de cabeceira da peña, Rubén de Marina Giráldez.

A cita era nun local clásico da noite viguesa, o "Choco bar"da rúa Alfonso XIII, ateigado pola importancia do acto, que xirou ó redor do actor porriñés.

Unha obra desgarradora escrita dende o corazón, ou dende máis alá, arrincando o máis profundo dos sentimentos. Un libro tan persoal coma universal, un reflexo do interior máis pétreo, sen dúbida una lectura máis que recomendable.

Tras traballar en televisión, no cinema e no tan querido teatro, Rubén vai máis alá, un pasiño máis, buscando e atopando, pero coma sempre, abraiando a propios e estranos.