17 de dec. de 2013

Un millón de euros para Balaídos

Caída de cascotes en Balaídos o 18/11/12.
O pasado domingo, atopamos no Faro de Vigo a noticia da inversión para o estadio de Balaídos nos orzamentos do Concello de Vigo para o ano 2014. Ó parecer está presupostado investir no vello coliseo vigués un millón de euros para reparar chans e cubertas nas bancadas. Na noticia sinálanse as denuncias de "Peñas" preocupadas polo estado do estadio municipal vigués.

Dende Centolos Celestes congratulámonos de que o Concello de Vigo invista en Balaídos para garantir a seguridade dos asistentes pero entendemos que isto non é de abondo, xa que o problema do estadio vai máis alá dunha reforma puntual.
De feito, aínda seguimos á espera de resposta ó noso escrito por parte da Xerencia Municipal de Urbanismo para sacar as nosas conclusións en primeira persoa, e non a través do que publiquen os medios de comunicación. Tan pronto como teñamos noticia da nosa reclamación informarémosvos puntualmente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.