5 de nov. de 2013

1ª Pachanga Centola

Parte do equipazo de Centolos Celestes trala pachanga.

Gran xornada a vivida o pasado venres día 1 de novembro en Centolos Celestes. Dende xa fai bastante tempo moitos de vos víñades propoñendo facer unha pachanga de fútbol entre nós a modo de preparación para o torneo de peñas celtistas da Federación de Peñas do Celta e así foi. O día amenceu gris, pero iso non foi impedimento para que moitos se deran cita ás 11:00 da mañá no campo da Gándara, en Valadares. Campo para nós, cantina para nós, afección…todo estaba listo para unha xornada de deporte, festa e xuntanza entre Centolos e Centolas. 

Por mor da calidade técnica e o fondo físico dalgúns dos xogadores decidiuse xogar a fútbol sete, iso sí, máis de duas horas "non stop". Nestes casos nótase moito os que sí son habituais dos campos de fútbol e os que pola contra son máis habituais de sofás, bares e tabernas…Pero o importante era botar unhas risas e abofé que o pasamos ben entre os "celestes" e os "mandarinas".

Miguel Lorenzo chutando a portería. Imparable.
O segundo tercio chegou co xantar posterior á pachanga, que se celebrou no mítico bar Outeiro de Beade. O menú foi básico pero contundente; Churrasco "a saco" para todos e bebida na mesma medida. Moita festa, vacile e cachondeo entre os presentes e para rematar, xunco cos licores agasallo da casa, entregáronse os carnets de Centolos Celestes pare esta tempada 2013/2014. 

As malas linguas contan que algúns quixeron continuar a festa ata ben entrada a madrugada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.