Moral intacta a pesares do resultado. |
Para os moradores do fondo da Ría a xornaba comezaba ben cedo, ó redor das 12:00 hrs da mañá cunha "sesión vermouth" na cafetería Tribuna baixo un esperado sol.
Ó redor das dúas da tarde tocaba trocar de escenario e xuntarnos ó redor dunha mesa para falar, cantar e rir desfrutando do máis que apetitoso menú do mesón Serodio, en Coia.
Tiveron que botarnos fora. |
Tras un bo xantar, e o pertinente terraceo, tocaba voltar a Balaídos para afrontar a previa do que sería un partido moi importante. Moito cántico e cachondeo que axudaban a prepararse para a cita das oito.
Cada vez máis no Serodio. |
Como dicíamos ó principio non puido ser, pero estamos comvencidos que en breve chegarán as victorias precisas para garantir a presenza un ano máis na primeira división. Sempre Celta. Imos Celta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.