9 de dec. de 2014

Visita a Adegas Val Miñor

O pasado 22 de novembro vivimos unha xornada diferente na que aprendimos e disfrutamos dun dos segredos mellor gardados das Rías Baixas, o seu viño, da man do gran Érick García e de Adegas Valmiñor.

A xornada comezaba cedo na extensa finca de "A Catuxa", no Rosal, onde coñecemos as características das cepas e da súa disposición nun entorno expectacular.

Posteriormente desprazámonos a esta adega que elabora viños da D.O. Rías Baixas, con caldos monovarietais de uva albariña ou loureira, ata as máis exquisitas misturas con uvas loureiras, caíño branco e coma non, treixadura.

Érick guiounos polo edificio, e polos procesos que levan á uva dende a viña ata a botella, coa intervención de toda a maquinaria, e o cariño das xentes do viño.

Para rematar una xornada tan especial, Adegas ValMiñor agasallounos cunha gran cata dos seus viños e cunha foto conmemorativa do evento. Ademáis, os socios de Centolos Celestes gozarán durante un ano dun desconto na tenda da adega presentando o seu carnet do fondo da Ría.

Moitas grazas pola xornada e moita sorte para esta pequeña gran adega galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.