9 de set. de 2015

Novos folgos na centolada

Gorxas novas relegando ó presi á segunda fileira
O pasado sábado 29 de agosto, daba comezo a tempada centola, na súa mini-sección de "macro-previas". Anteriormente, o domingo 23 do devandito mes xa houbera unha pequena quedada por mor da estrea ligueira do Celta no Ciutat de Valencia, nun encontro que se desputaba á última hora da tarde, tamén coa escusa de comezar coa campaña de altas e renovacións da agrupación centola. O punto de encontro, un clásico xa coñecido polos membros da peña, o Serodio, sito nunha das rúas transversais entre as avenidas de Castelao e Florida.

En dito establecemento, proseguiuse co preceptivo procedemento da recolleita de aboados do combinado de Marcador Impar (a peche de edición xa se encamiña cara o importante centear de membros), amenizado cuns saborosos e variados pinchos para facer máis pracenteira-se cabe- a velada, acompañados de variantes do líquido elemento, que sempre axudan para balbordear con máis folgos na bancada aupando ós nosos. Máis sendo a estrea e coa longa travesía estival sen animar ó noso Celtiña, había que comezar a por o listón, alomenos no punto co que rematamos a 2014/2015 (moi ilustrativos no espacio deportivo de Canal + de "El Día Después" en plena euforia polo que entón semellaba a virtual volta ó inferno do Coruña).


Imaxe de arquivo (Celta - Atlético, 15/02/2015)
Como vén sendo xa tradicional, cada vez que hai papatoria no citado Serodio, sir Alejandro Costas Vila, sóbese á cadeira para entoar un non tan breve discursiño, bañado coas verbas habituais de agradecemento ó asociado e coas adoitadas novas de cada tempada das entidades tanxenciais (RCCV e FdP). E como non, inmiscuido e mesturado entre tanta oratoria, chegou algunha nova de "ata aquí podo ler" que abraiou a unha gran porcentaxe do presente. En vindeiras publicacións deste website, desenrolarase a presente "exclusiva".

Para rematar a xornada, e posterior ó paso polo Tribuna, volta á bancada a render como se acostumaba en tempos precedentes, con novos veciños na nosa propia periferia, mudados de Río Baixo. E coa sensación moi aparente de botar de menos a troulada no "segundo fogar", aconteceu outro arranque con vitoria no vello Balaídos -outra vítima madrileña, desta volta o Raio-, que encheu de ledicia ó persoal. Este vindeiro domingo 13, seguinte envite ante o Las Palmas coa volta de Paquiño, un home bastante querido na beira do Lagares.

Por Hugo Estévez Cividanes


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.