17 de out. de 2015

Centolos Celestes, na Fase Final do torneo da FdP 2015/2016

O pasado luns 12 de outubro, a nosa peña clasificouse para a Fase Final do clásico torneo das peñas do Celta 2015/2016, organizado pola Federación das mesmas, por segundo ano consecutivo. Desta volta, encadrados no grupo B, cos amigos da Louriña de Os Zoqueiros e cos camaradas de previas e viaxes das terras do Deza, Os Siareiros Dezaos

Celtismo e amizade, a nota predominante
A predisposición dos grupos da Fase Final, xa estipulada no sorteo da Fase Previa -desta volta con menos peñas asiduas do habitual, supoño que pola data prematura da xornada-, volve a encadrarnos cos veciños de bancada, o Colectivo Nós (ós que vencemos o ano pasado de xeito apurado por 3-2), vellas rencillas coa peña celtista de Arbo (bicampioa en 2013 e 2014) e a formación de nova creación, Ramallosa-Canido, que chegou coma nós ás semifinais da pasada edición.


Abrimos o telón fronte ós Zoqueiros, e da peor maneira que se poido facer, con servidor na porta enviándolle dous agasallos a prezo de gol ós amigos do Porriño. Non pintaba ben a cousa, tivo que saír Talentoni ó terreo de xogo, entre outros e o  trotacampo de Iagotelli a sacar as castañas do fogo, que con tres tantos e unha asistencia deulle a volta ó conto (4-2, no tempo de lecer). Máis reparto de golpes e goles, nunha segunda parte igualada, chegando ó 6-4 definitivo, a prol dos amarelos.

De seguido, o encontro entre porriñeses e lalinenses, saldouse cun 4-1 favorable ós primeiros.

O definitivo encontro entre Centolos e Dezaos rematou cun 7-1 a favor dos primeiros, nun partido que cedo sentenciaron os amarelos. O mellor a samba que deu Macanas, como ariete dos Siareiros Dezaos, toda unha mostra de "o que tivo, retivo", por parte do ex-xogador de fútbol sala a nivel top. Haberá que facer un inciso da anecdótica vestida de curto de Javi Vaz, que desputou uns minutos no verde, e que lonxe de trasladar o tiki-taka co que predica dende o banco, era o primeiro en xogar ó patadón, o que non ía en sintonía co xogo despregado polos amarelos nos minutos previos.

Noraboa tamén ás outras catro peñas clasificadas, que conformarán o outro grupo; Celtistas do Verdugo (actuais defensores o trono), Comando Celta e Lío en Río (invicta tras 15 encontros no FdP).

Logo de suar na Madroa, xantar "improvisado" nun establecemento das proximidades cos amigos e contrincantes na data, de Siareiros Dezaos, que ateigaron de carallada a sobremesa da xornada peñística.

Por Hugo Estévez Cividanes




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.