O pasado
día 27 de xullo de 2013 tivemos o pracer se ser invtados o Memorial Jaime Vilar Estévez,
organizado polos amigos da Peña Celtista Arribada Celeste de Baiona. Para
honrar a memoria deste gran celtista, nosos compañeiros de bancada organizaron
dun xeito extraordinario un torneo de fútbol-7. Como non podía ser doutro
xeito, o equipo amarelo estivo presente cunha nutrida representación na cita
baionesa. O torneo disputouse en horario de mañá e de tarde no campo do
Aral e contou con numeroso público, que vibróu cos partidos dos dous
grupos, e coma non, coa emocionante final. O equipo de Centolos Celestes non
pasou á fase final, pero malia iso, disfrutou do ambiente e dunha xornada entre
amigos. A peña Irmandiños1923 foi a xusta vencedora do Memorial, cun gran xogo
e un importante depregue físico. Nosa noraboa ós campións e noso agradecemento
ós organizadores.