Primeira imaxe de Centolos Celestes. Río Alto. Temp. 07/08 |
O 28 de marzo de 2007 nacía en Vigo a Peña
Celtista Centolos Celestes, con moitas gañas, forza, ilusión e un
obxetivo claro: Ser unha peña diferente, especial, fresca. A verdade e
que éramos ben poucos, pero queríamos facer, crear a nosa propia forma
de ver e vivir o noso Real Club Celta de Vigo. Con moi poucos medios e
menos cartos a peña asentouse en Río Alto, bancada que ocupaban daquela a
meirande parte dos seus membros.
Aquel ano foi un ano para esquecer por parte dos
celtistas, pero para recordar entre o escaso celtismo, que o final da
tempada continuóu unido a carón da sua camisola celeste. Nados o día da
Reconquista de Vigo, quixemos dar un novo aire o celtismo, un novo punto
de vista, crítico pero positivo, eternamente positivo.
Foi o ano do descenso, da decepción do
no non ascenso, pero tamén foi o ano dos "Informes Centolo", dos apoupos
de Xosé Luís Mendez Ferrín, do "Campo novo Xa", do gran furancho, das
viaxes a Donosti, Ferrol e Salamanca…
Centolos na trala inauguración. |
Gustaríanos facer mención ó foreiro que nunha
viaxe a Belxica (UEFA: Standard Lieja 0 Celta 1) voltóu a meternos na
cachola unha vella idea, a de montar unha peña do Celta. O fracaso da
peña Carolo non foi impedimento o ver as forzas e as gañas que o Señor
JES puxo pra axudarnos a logra-lo obxetivo. A pesares de seren socios da
súa peña, animóunos co proxecto e sempre estivo ó noso carón. Moitas
grazas JES.
Por outra banda, un grupo de persoas, celtistas,
pero sobor de todo boa xente, quedarán por sempre na lembranza deste
primeiro ano de Centolos Celestes:
Viaxe a Ferrol. |
O Sean Conery do celtismo, Mister Canteirán, que
nos introducíu no mundo do Foro, e axdounos en temas
informáticos-sociais sempre que puido. Xeo cando te quentas e caldo
cando estas xeado. Moitas grazas Plácido.
Sempre que foi precisa a acción, alí estivo sempre
Franchu e o seu gran Comando. Juán, Ana, Vilas, Champy, Cuco... Sodes
todos grandes, de verás, os citados foron os primeiros, logo viñeron
máis, tantos, que ó final viñeron todos e iso é impagable, menudo
equipazo.Unha
aperta Comando.
Tamén quero lembrarme doutra peña que me
sorprendéu moitisimo aquel ano. A familia de tribuna, fieis e loitadores
dende o primeiro partido, incansables e orixináis. Grazas Peña
Ume.
A peña na bancada de Río Alto. |
Grazas a Sime e ós mozos de Celtarras, a Pedro e
claro a Peña de Pontevedra e Pontecaldelas, ó Grove con Gustavo
inconfundible, Recuncho, Estrelas, Esmorga, Gudelj... e a todas e cada
unha, pola vosa acollida e cariño, polo voso apoio.
Grazas a todos os que fixeron todo por axudarnos naquela tempada 2007/2008.
Aquela tempada fixo unha purga moi grande entre a
afección e deixóu en Balaidos a un grupo de celtistas que parecen estar
feitos doutra pasta…Aquel foi o ano, pra nós, do celtismo, dos
celtistas, dos sufridores de verdade, da amizade, da unión ante as
dificultades.
Sempre batendo forte dende o fondo da ría. Moitas Grazas a todos. ¡Ala Celta!
Peña Celtista Centolos Celestes de Vigo. |