11 de nov. de 2013

Campo Novo Xa

Porta 11 de Marcador, 09/11/13. Centolos Celestes.
O texto que ven a continuación foi publicado por Centolos Celestes na súa web no ano 2007, era o primeiro Informe Centolo no que pretendíamos mostrar e denunciar a grave situación do vello municipal vigués.

Dende fai uns meses a bancada de Marcador, nas proximidades dos bombeiros, conta cun andamio que apuntala parte da mesma.


Vai rematando o ano 2013 e pouco ou nada parece ter cambiado...



INFORME CENTOLO

Balaidos: Deporte de risco.

Quenes viaxan co equipo, ou quenes bucean a miudo polas profundidades da rede, saben ben dos estadios que existen ou que se proxectan tanto en España coma no resto de Europa. En moitas cidades onde hay estadios de fútbol feitos fai escasamente dez anos, xa se comezan a demandar novos coliseos acordes coas necesidades actuais.
Acudir un domingo a Balaidos estase a convertir nun deporte de risco. E tralo paso de varios presidentes, numerosos adestradores e un sinfín de xogadores, o vello municipal de Balaidos non cambióu en 25 anos. De feito, as bancadas que veñen de cumplir 37 anos (Todas menos as de Río) deben ser as únicas que se conservan coa cuberta de formigón no vello continente.
Coas seguintes imaxes a Peña Celtista Centolos Celestes de Vigo  pretende denunciar a grave situación actual do estadio de Balaidos, que xa pasóu o límite entre estadio vetusto e incómodo para se convertir nun estadio perigoso para quen o utiliza.
Para nós un novo estadio é máis que necesario, pero queremos fuxir de polémicas sobre a súa ubicación porque xa entraríamos no subxetivo terreo das opinións.
O verdadeiramente importante é que non podemos pechar máis os ollos ante esta vergoñenta evidencia.
A situación é grave, as imaxes falan por si mesmas.

Peña Celtista Centolos Celestes de Vigo 2007


Esquina de Marcador con Río, 08/11/13. Centolos Celestes.
Algunhas das deficiencias que se observaban daquela nas fotos que sacamos ó redor do estadio, as superficiais, foron "reparadas" ou parcheadas,  pero pola contra, todos sabemos que o problema do vello Balaídos é estructural e non se arranxa con parches

Como se pode observar nas fotos que adxuntamos o xa vello estadio vigués é perigoso e por desgraza estase a demostrar “cachote” a “cachote" empeorando, día a día, a súa situación . Non pararemos de dicilo: Campo Novo Xa !

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.