O presente aviso legal establece as condicións de uso do sitio web www.centoloscelestes.es (en diante "web"), que ASOCIACIÓN PEÑA CELTISTA CENTOLOS CELESTES DE VIGO, con domicilio social en r/ Real, nº 16, 3º. 36202 Vigo con CIF G-36998342, asociación inscrita no rexistro central de Asociacións de SANTIAGO DE COMPOSTELA, co numero: 2007/010722-1, pon a disposición da persoa usuaria.
Conforme ao
previsto na lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal,
infórmase de que os datos persoais suministrados a través da web, formarán
parte dun ficheiro (automatizado ou non) responsabilidade da asociación, para
que poidan ser utilizados cunha finalidade comercial, operativa e de
actividades propias do obxecto social da asociación. A asociación conservará os
seus datos, unha vez finalizada toda relación coa persoa usuaria, para cumprir
as obrigas legais e de comunicación aos organismos públicos, que amparados na
lei correspondente os soliciten.
Os datos
solicitados son necesarios. En caso de negarse a comunicar os datos será
imposible infórmalo sobre a súa solicitude. A asociación procederá á
cancelación dos datos recollidos cando deixen de ser necesarios ou pertinentes
para a finalidade para a que fosen solicitados ou rexistrados. No caso de que
os datos recollidos se utilizasen para unha finalidade distinta para a cal
fosen solicitados ou recollidos requirirase o consentimento previo das persoas
interesadas.
A asociación
adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a
seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración,
perda, tratamento ou acceso non autorizado.Os datos das persoas usuarias
que sexan obxecto de tratamento poderán
exercer gratuitamente os dereitos de oposición, acceso e información,
rectificación ou cancelación dos mesmos, así como a revogación da súa
autorización sen efectos retroactivos nos termos especificados na lei orgánica
15/1999 de protección de datos de carácter persoal, conforme ao procedemento
legalmente establecido. Estes dereitos poderán ser exercitados dirixindo un
escrito ao seguinte enderezo electrónico: centoloscelestes@hotmail.com
O acceso ao
sitio web atribúe a condición de persoa usuaria e implica a aceptación plena e
sen reservas por parte da mesma, de todas e cada unha das condicións incluídas
neste aviso legal.
Todos os
dereitos de propiedade intelectual do dominio Web, así como dos seus contidos,
pertencen, ben á asociación, ben a terceiras persoas, polo que ningúnha persoa
usuaria está autorizada a facer uso deles, nin a imprimilos, nin os almacenar
baixo ningún soporte físico en ningún caso, salvo que sexa para a súa
utilización persoal e privada. Quedando, pois, prohibida a modificación,
descompilación ou a utilización comercial de calquera parte da web.
Tan só se
autoriza a utilización dos contidos do dominio web con fins informativos e de
servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte, sendo a persoa
usuaria a única responsable do mal uso destes.
Para acceder
á información contida no sitio web e utilizar os servizos ofrecidos, as persoas
menores de idade deben obter previamente permiso dos seus representantes
(pais/nais, titores...).
Os datos,
textos, informacións, gráficos ou vínculos publicados na web, son recompilados
con efectos meramente informativos para todas aquelas persoas interesadas
nestes sen que, o seu acceso, xere relación comercial, contractual ou
profesional entre as persoas usuarias e a asociación. En caso de discrepancia
entre a información contida no sitio web e a contida en papel, prevalecerá esta
última. A asociación resérvase o dereito de modificar os contidos do dominio
web sen previo aviso.
Os enlaces e
hipertexto que, no seu caso, posibiliten o acceso a través do sitio web a
prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non pertencen nin se atopan
baixo o control da asociación, polo que non se fai responsable ésta nin da
información contida nos mesmos nin de calquera dos efectos que puidesen
derivarse da devandita información.
A persoa
usuaria ten terminantemente prohibido introducir calquera tipo de virus no
dominio web, así como intentar acceder aos seus datos, modifícalos, acceder ás
contas de correo, mensaxes, etc.
A asociación
non garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade dos
datos, programas, informacións ou opinións, calquera que sexa a orixe, que
circulen pola súa rede ou polas redes ás que a persoa usuaria poida acceder a
través da web. O cliente acepta expresamente deixar exenta a asociación de
calquera responsabilidade relacionada coa web.
A persoa usuaria asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso aos devanditos contidos así como da súa reprodución ou difusión.
A persoa usuaria asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso aos devanditos contidos así como da súa reprodución ou difusión.
A asociación
non será responsable das infraccións de calquera persoa usuaria que afecten aos
dereitos doutra persoa usuaria da web, ou de terceiras persoas, incluíndo os
dereitos de copyright, marcas, patentes, información confidencial e calquera
outro dereito de propiedade intelectual ou industrial.
A asociación
fará uso das accións civís ou penais que por lei corresponda, ante calquera
utilización indebida do seu dominio web. Os litixios que puidesen xurdir en
relación a este dominio rexéranse unicamente polo dereito español, someténdose
aos xulgados e tribunais competentes de Vigo.