13 de nov. de 2013

Escrito á Xerencia Municipal de Urbanismo

Centolos esta mañá no Concello.

A Peña Celtista Centolos Celestes de Vigo ven de presentar hoxe, día 13 de novembro de 2013, un escrito no rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo en relación ó estado do vello estadio municipal de Balaídos.

No escrito solicitamos información relativa á data de realización da Inspección Técnica de Edificios (I.T.E.), plan de obras a acometer no estadio e retirada de andamios así como un garante da seguridade para os que somos usuarios habituais do recinto, en concreto da bancada de Marcador.

Así mesmo, adxuntáronse ó escrito os diferentes "Informes Centolo", coas correspondentes reportaxes fotográficas, que a peña foi elaborando e publicando dende o ano 2007 e que mostraban a delicada situación do vello estadio municipal.


Dende o noso punto de vista o tema de Balaídos non responde a unha cuestión de incomodidade ou de obsolescencia, que tamén, senón que é xa para todos nós unha cuestión de seguridade e integridade das persoas que usan o estadio municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.