Informe Centolo II




INFORME CENTOLO II

Centolos Celetes contraataca coa segunda parte do Informe Centolo días despois de comprobar os pequenos retoques máis ben chapuceiros feitos en Balaídos nas últimas semanas. En case todos os lugares fotografiados no primeiro Informe Centolo producíronse algúns remendos que de ningunha maneira solucionan o principal problema do Municipal vigués.

A xa famosa fenda de Marcador percorre de arriba a abaixo esta mítica grada ata chegar ó chan en Fondo. As vellas tubaxes pingan tódolos días baixo as columnas, e os siaeiros percorren unha beirarrúa chea de buracos e con afundimentos que meten medo.

O lintel da porta número 9 de Marcador está a piques de desprenderse sobre algún de nós. A parede superior está afundida, os cascotes asoman e a luz atravesa unhas fendas cada día máis grandes. Esta porta é só un exemplo dos centos que hai no Municipal de Balaídos.

En Río as goteiras son habituais cando chove, e os ferros oxidados asoman nos forxados. As láminas metálicas que exercen de pasarela ata os focos, penden dalgúns dos seus recunchos e parece que non pasa nada.

En Gol, máis fendas, e a bandeira situada na cuberta segue torcéndose e desafiando a Lei da Gravidade. Fondo e Preferencia quedaron esquecidas no tempo cunhas instalacións paupérrimas e indecentes.

O vello Estadio de Balaídos é a instalación deportiva municipal peor conservada da nosa cidade. Non só é un Estadio vetusto, tratáse dunha instalación perigosa e indigna para a cidade máis grande e importante de Galicia.

Os Vigueses, os Galegos e os Celtistas merecemos un Estadio digno e seguro.

¡¡¡Novo Balaídos Xa!!!




Porta 9 en decembro de 2007. Caeu abaixo en abril de 2008.








Mesmo lugar do desprendemento de 2013.













 




Peña Celtista Centolos Celestes de Vigo. Decembro 2007.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.