Estamos aínda abraiados pola enorme repercusión que están a
ter as camisolas conmemorativas do 90 aniversario do R.C. Celta de
Vigo, polo que agradecemos enormemente o voso interese. Este producto,
feito con moito mimo dende Centolos Celestes, tenta mostrar unha imaxen o
máis próxima á realidade posible daquelas primeiras equipacións do noso
Celta, para o cal foi preciso moito tempo de investigación e estudo da
fermosa historia do noso clube. Feitas en Galicia por Trezze.
PULSEIRAS CENTOLAS
Feitas a man por Centolos e Centolas dende o máis fondo da Ría de Vigo, chegan as pulseiras de moda nas bancadas de Balaídos, chegan as Pulseiras Centolas.Cunhas cores celeste e beige, e axustables en anchura, son ideais para mostrar o teu celtismo alá onde estés, xa sexa no traballo, en clase, ou coma non, en Balaídos.
SUDADEIRAS
Son o noso particular "xogador revelación" da pasada tempada. As sudadeiras de Centolos Celestes continúan a ser o producto máis vendido da peña. Os fríos e húmidos invernos galegos lévanse moito mellor con esta prenda de abrigo, 100% algodón, e feita na terra pola empresa porriñesa Trezze.
As franxas horizontais, o bolsillo dianteiro ou a capucha danlle ás sudadeiras un aspecto novidoso e atractivo, Non te quedes sen a túa!
BUFANDAS
As bufandas de Centolos son outro dos productos estrela da nosa peña. Exitazo de vendas, baseado na sinxeleza do seu deseño e nun bo prezo son o segredo do éxito das bufandas de Centolos Celestes.
Como no resto dos productos da peña, coas bufandas tentamos buscar un deseño atractivo pero respetando a historia e tradición do producto, mantendo as tradicionais franxas celestes e brancas. Feitas en Galicia polo grupo Lúa.
BUFANDAS TRADICIONAIS
Se imos un pasiño máis alá e profundizamos un pouco na historia, e nos sumerximos no fútbol de antes, cando non había peñas, nin merchandising oficial, nin medios chegamos ata a bufanda tradicional 100% de lá.
Feitas a modo, con cariño, xeito e a man en Valadares por unha Centola, estas prendas logran quecer ó máis frioleiro da bancada, incluso nas máis frías noites de inverno.
SAIAS TRADICIONAIS
E claro amigos, como non, coma sempre a de sempre: A Saia Centola !!!¿Que é dun auténtico home Celta sen o seu Kilt? Pois iso, pouco máis se pode dicir desta coñecida prenda feita tamén en Valadares dun xeito artesanal en exclusiva para Centolos Celestes. Unhas boas medias de fútbol e un partido do Celta en Balaídos ou fora, son o mellor acompañamento.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Información sobre os productos, prezo e realización de pedidos:
- Nas previas dos partidos do R.C. Celta de Vigo, tanto os de fora coma os que se xoguen en Balaídos, na cafetería TRIBUNA.
- Poñéndovos en contacto con nós a través do mail: centoloscelestes@hotmail.com
- Nas previas dos partidos do R.C. Celta de Vigo, tanto os de fora coma os que se xoguen en Balaídos, na cafetería TRIBUNA.
- Poñéndovos en contacto con nós a través do mail: centoloscelestes@hotmail.com