31 de ago. de 2013

RC Celta de Vigo - Granada CF


Coincidindo co partido que o R.C. Celta de Vigo xogou contra o Granada C.F. en Balaídos, e aproveitando que a hora do partido (ás 19:00 hrs.) acompañaba, en Centolos Celestes pensamos que sería bo día para organizar unha das nosas previas de parranda. E claro, ainda por riba o día acompañou cun sol de xustiza e uns tremendos 30ºC. A primeira parada do día estaba no ARREDEMO, onde Moncho nos deleitou cuns mexillóns frescos que beixaron coma nada, regados cunhas cervexas de importación non menos frescas.
 



Ó mediodía a cita estaba no NUEVO PARÍS, onde agardaban algúns centolos e centolas para xuntos desfrutar dun bo churrasco en boa compaña. Así foi, e claro, coma non podia ser doutro xeito, chegaron os licores, o Gin, e a calor... 










E para rematar a previa, acudimos ó TRIBUNA, onde estivemos reservando as camisolas conmemorativas de 1923 e 1924. Hai que dicir que os modelos pasaron calor, calor pero tamén é certo que luciron as cores celeste e vermella coma ninguén. Trala música e a risotada, tocaba subir ó vello Balaídos, tocaba subir a nosa bancada de Marcador, o sábado convertida nun auténtico forno. 









Campo cheo, gorxas vivas e moitas gañas de Celta, deste Celta que tanto está a gustar en Balaídos. O partido comezóu ben, con forda e con intención, o Celta pasoulle por riba ó Granada CF en xogo, pero ó final o marcador quedouse nun empate a uns que soubo a pouco en Vigo.









A pesares do resultado, gran xornada, para lembrar.

23 de ago. de 2013

Presentación das Camisolas do Celta 1923 e 1924

Coincidindo co 90 aniversario do Real Club Celta de Vigo, dende Centolos Celestes quixemos facer a nosa particular homenaxe a aqueles homes e mulleres que fixeron posible a fusión do Real Vigo Sporting e do Real Fortuna CF, aqueles artífices do noso clube. O pasado 23 de agosto, no café bar "Años Veinte" viaxamos ó pasado e nos sumerximos no ambiente futbolístico da cidade en 1923. A fusión estaba preto e os afeccioados viguistas e fortunistas escoitaron as explicacións de Manuel de Castro "Handicap" e as novas que traía o novo presidente do novo clube vigués, Don Manuel Bárcena de Andres. O campo de xogo, o novo escudo, e coma non: As novas camisolas.














Non o dubides, reserva xa a túa en: centoloscelestes@hotmail.com