Na bancada de Marcador xa
loce a nova pancarta de Centolos Celestes. Tras quedar tapada a publicidade no
murete da bancada e trala "estrana desaparición" da anterior, xa se
nos pode localizar dende calquera parte do vello Balaídos.
Na liña que seguimos con tódolos productos da peña este ano, a pancarta é ben
sinxela, coa habitual centola vermella, o noso escudo do noventa aniversario do
Real Club Celta e coa versión breve do noso nome.
Esperemos que esta nova pancarta contemple moitas victorias e tardes de gloria no
vello estadio municipal de Balaídos.
28 de out. de 2013
Lotería de Nadal 2013
Pasan os días, chega o frío
novembro e en nada xa estamos no nadal. Coma tódolos anos por estas datas
Centolos Celestes xoga un número na tradicional lotería de nadal para o
sorteo do día 22 de decembro de 2013. Este ano o número, esperemos que
afortunado, é o 54.999.
Podedes adquirir a vosa participación na zona Centola da bancada de Marcador e na cafetería Tribuna tanto os días de partido en casa (unha hora antes) como nos partidos de fora.
A verdade é que nunca toca, pero...¿E se este ano toca?
Non te quedes sen ela.

Xa están aqui...
Xa están aquí os novos
carnets de Centolos Celestes para a tempada 2013-2014. O deseño cambia
radicalmente este ano da man do Sr. Correa, cun toque máis retro, coincidindo
co 90 aniversario do Real Club Celta de Vigo.
Un anverso sinxelo que lembra os bengaleos do pasado ano e un reverso dominado por unha instantánea do campo de Coia son os elementos máis característicos destes carnets.
Un anverso sinxelo que lembra os bengaleos do pasado ano e un reverso dominado por unha instantánea do campo de Coia son os elementos máis característicos destes carnets.
Baby Boom no Morrazo.
Parece ser que temos "Baby boom" na outra baira da Ría. O pasado
mes de Setembro estivemos de visita polas fermosas terras da península do
Morrazo para coñecer á nova xeración da Peña Centolos Celestes.
As
pequerrechas Iria e Mencía xa están entre nós, animando dende a outra beira da
Ría de Vigo.
Dende Centolos Celestes queremos darlle a benvida a este mundo de tolos a estas fermosas pequenas e, coma non, mandarlle as apertas e os bicos máis fortes ós seus pais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)