26 de nov. de 2013

Viaxe a Donostia: Real Sociedad - RC Celta de Vigo

Centolos e Centolas no bus á súa saída de Balaídos.
A viaxe que Centolos Celestes fixo a terras vascas non puido rematar coa guinda dunha victoria do Real Club Celta de Vigo.

Había gañas de viaxe Centolo e iso notábase nos que na madrugada do venres para o sábado agardaban a saída do bus cara San Sebastián.

Agardaba unha longa noite de estrada, pero cando se trata de acompañar ó noso Celta, o celtismo sempre atopa xeitos de facer máis doado o monótono da viaxe con berros, cánticos e festa.

Pola mañá chegamos ó hotel en Lasarte, a escasos cinco kilómetros de San Sebastián,  e unha hora despois saíamos camiño da capital Donostiarra. Ó mediodía chegamos a Donostia con moitas gañas de festa, e de disfrutar das xentes e da rica gastronomía vasca.  

Tarde de previa longa e partido, que a pesares dos goles do Celta, e de non parar de animar os noventa minutos, todos sabemos como acabou. Mágoa. Seguimos en pé.

Pintxo vai, pintxo ven.
De festa pola zona vella de Donostia.

De previa antes do partido.

13 de nov. de 2013

Escrito á Xerencia Municipal de Urbanismo

Centolos esta mañá no Concello.

A Peña Celtista Centolos Celestes de Vigo ven de presentar hoxe, día 13 de novembro de 2013, un escrito no rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo en relación ó estado do vello estadio municipal de Balaídos.

No escrito solicitamos información relativa á data de realización da Inspección Técnica de Edificios (I.T.E.), plan de obras a acometer no estadio e retirada de andamios así como un garante da seguridade para os que somos usuarios habituais do recinto, en concreto da bancada de Marcador.

Así mesmo, adxuntáronse ó escrito os diferentes "Informes Centolo", coas correspondentes reportaxes fotográficas, que a peña foi elaborando e publicando dende o ano 2007 e que mostraban a delicada situación do vello estadio municipal.


Dende o noso punto de vista o tema de Balaídos non responde a unha cuestión de incomodidade ou de obsolescencia, que tamén, senón que é xa para todos nós unha cuestión de seguridade e integridade das persoas que usan o estadio municipal.

11 de nov. de 2013

Campo Novo Xa

Porta 11 de Marcador, 09/11/13. Centolos Celestes.
O texto que ven a continuación foi publicado por Centolos Celestes na súa web no ano 2007, era o primeiro Informe Centolo no que pretendíamos mostrar e denunciar a grave situación do vello municipal vigués.

Dende fai uns meses a bancada de Marcador, nas proximidades dos bombeiros, conta cun andamio que apuntala parte da mesma.


Vai rematando o ano 2013 e pouco ou nada parece ter cambiado...



INFORME CENTOLO

Balaidos: Deporte de risco.

Quenes viaxan co equipo, ou quenes bucean a miudo polas profundidades da rede, saben ben dos estadios que existen ou que se proxectan tanto en España coma no resto de Europa. En moitas cidades onde hay estadios de fútbol feitos fai escasamente dez anos, xa se comezan a demandar novos coliseos acordes coas necesidades actuais.
Acudir un domingo a Balaidos estase a convertir nun deporte de risco. E tralo paso de varios presidentes, numerosos adestradores e un sinfín de xogadores, o vello municipal de Balaidos non cambióu en 25 anos. De feito, as bancadas que veñen de cumplir 37 anos (Todas menos as de Río) deben ser as únicas que se conservan coa cuberta de formigón no vello continente.
Coas seguintes imaxes a Peña Celtista Centolos Celestes de Vigo  pretende denunciar a grave situación actual do estadio de Balaidos, que xa pasóu o límite entre estadio vetusto e incómodo para se convertir nun estadio perigoso para quen o utiliza.
Para nós un novo estadio é máis que necesario, pero queremos fuxir de polémicas sobre a súa ubicación porque xa entraríamos no subxetivo terreo das opinións.
O verdadeiramente importante é que non podemos pechar máis os ollos ante esta vergoñenta evidencia.
A situación é grave, as imaxes falan por si mesmas.

Peña Celtista Centolos Celestes de Vigo 2007


Esquina de Marcador con Río, 08/11/13. Centolos Celestes.
Algunhas das deficiencias que se observaban daquela nas fotos que sacamos ó redor do estadio, as superficiais, foron "reparadas" ou parcheadas,  pero pola contra, todos sabemos que o problema do vello Balaídos é estructural e non se arranxa con parches

Como se pode observar nas fotos que adxuntamos o xa vello estadio vigués é perigoso e por desgraza estase a demostrar “cachote” a “cachote" empeorando, día a día, a súa situación . Non pararemos de dicilo: Campo Novo Xa !

 

5 de nov. de 2013

1ª Pachanga Centola

Parte do equipazo de Centolos Celestes trala pachanga.

Gran xornada a vivida o pasado venres día 1 de novembro en Centolos Celestes. Dende xa fai bastante tempo moitos de vos víñades propoñendo facer unha pachanga de fútbol entre nós a modo de preparación para o torneo de peñas celtistas da Federación de Peñas do Celta e así foi. O día amenceu gris, pero iso non foi impedimento para que moitos se deran cita ás 11:00 da mañá no campo da Gándara, en Valadares. Campo para nós, cantina para nós, afección…todo estaba listo para unha xornada de deporte, festa e xuntanza entre Centolos e Centolas. 

Por mor da calidade técnica e o fondo físico dalgúns dos xogadores decidiuse xogar a fútbol sete, iso sí, máis de duas horas "non stop". Nestes casos nótase moito os que sí son habituais dos campos de fútbol e os que pola contra son máis habituais de sofás, bares e tabernas…Pero o importante era botar unhas risas e abofé que o pasamos ben entre os "celestes" e os "mandarinas".

Miguel Lorenzo chutando a portería. Imparable.
O segundo tercio chegou co xantar posterior á pachanga, que se celebrou no mítico bar Outeiro de Beade. O menú foi básico pero contundente; Churrasco "a saco" para todos e bebida na mesma medida. Moita festa, vacile e cachondeo entre os presentes e para rematar, xunco cos licores agasallo da casa, entregáronse os carnets de Centolos Celestes pare esta tempada 2013/2014. 

As malas linguas contan que algúns quixeron continuar a festa ata ben entrada a madrugada.