Inicio da camiñata, nas proximidades de Alfonso XII. |
O venres día 28, ademáis de ser o día da Reconquista de Vigo, no fondo da Ría celebrábamos o noso septimo ano de vida, polo que toda a fin de semana tivo unha cor especial para nós.
A fin de semana comezaba no Casco Vello de Vigo da man dos amigos da "Peña Freixo Rock" que montaban un posto na Ribeira do Berbés e que amenizaron, a ritmo de gaita e percusión, a xornada do venres, día da fundación de esta nosa peña.
Camiñata previa dende o Berbés ata a Porta do Sol. |
Cun tremendo ambiente festivo subimos dende o Berbés pola Rúa Real dirección Porta do Sol, e unha vez coincidimos co resto de compañeiros na céntrica praza, saímos dirección Balaídos cun só pensamento, cunha soa idea na nosa testa:
A vitoria ante o Sevilla C.F. !!!
Os centos de Celtistas que nos congregamos na marcha cara Balaídos apuramos o paso e chegamos más cedo que tarde ós aledaños do vello municipal vigués. Unha vez máis, unha boa iniciativa e un espíritu de unidade en torno o equipo celeste fixeron posible que o Celtismo voltara a sorprender.
Imaxe da bancada de Marcador o sábado. |
Cando xa case non tiñamos esperanzas, cando xa morría o partido un xenial Mario Bermejo e un efectivo Nolito dábannos a victoria nos derradeiros compases do encontro.
O delirio foi total, e a festa comezóu nese mesmo minuto e se prolongou, coma non podía ser de outro xeito ata ben entrada a madrugada no Casco Vello.
Por outra xornada igual, por outra reconquista, por outra vitoria do Celta, por outros sete anos xuntos...