12 de mar. de 2014

R.C. Celta de Vigo - Club Atlético de Madrid

Moral intacta a pesares do resultado.
Non puido o noso Celta con Atlético de Madrid este pasado sábado no vello Balaídos. O equipo colchoneiro impúxose por 0-2, un resultado enganoso para o que se puido ver sobre o terreo de xogo, e marcado por dous claros erros defensivos do equipo vigués.

Para os moradores do fondo da Ría a xornaba comezaba ben cedo, ó redor das 12:00 hrs da mañá cunha "sesión vermouth" na cafetería Tribuna baixo un esperado sol.

Ó redor das dúas da tarde tocaba trocar de escenario e xuntarnos ó redor dunha mesa para falar, cantar e rir desfrutando do máis que apetitoso menú do mesón Serodio, en Coia.

Tiveron que botarnos fora.
O menú contundente e a carallada reinante foron o mellor momento de festexar o cumpreanos da nosa compañeira Carla, e de felicitar a Tamara pola súa recente maternidade.

Tras un bo xantar, e o pertinente terraceo, tocaba voltar a Balaídos para afrontar a previa do que sería un partido moi importante. Moito cántico e cachondeo que axudaban a prepararse para a cita das oito.

Cada vez máis no Serodio.
O partido foi complicado, e máis que se complicou, pero na curva de Marcador o apoio incondicional ó noso equipo non parou dende o primeiro minuto ata ben remato o encontro.

Como dicíamos ó principio non puido ser, pero estamos comvencidos que en breve chegarán as victorias precisas para garantir a presenza un ano máis na primeira división. Sempre Celta. Imos Celta.
                                                 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.