23 de xul. de 2020

Fin do calvario e novidades

Estamos de novo por estes lares, Centolos, logo de rematar este domingo unha tempada que non se antollaba tan agónica como o foi nos derradeiros minutos de competición. Un gol local na capital puido mandarnos á Segunda División despois de oito tempadas. E todo volvía estar ó noso favor, xa que dependiamos dunha vitoria sobre un conxunto descendido para non pasar apuros, pero ó igual que fronte ó Raio Vallecano a tempada anterior, non a acadamos.

Troco de cabeceira, nun dos derradeiros eventos
Unha campaña atípica, que nos anulou o habitual Torneo das peñas e a Cea Aniversario (que adoita a celebrarse na primavera), así como a Convención da FdP -este ano en O Rosal-, por mor da pandemia do Covid-19, que suspendeu a Liga durante 3 meses. O que tralas posibilidades de desertizar o campionato como no estranxeiro (desbotadas polo "mandamais"), obrigou a completar o curso cun ritmo vertixinoso de encontros cada 3 días, na fugacidade do mes e medio escaso. Unha tolemia para o corpo dos protagonistas do verde.

O que sigue estando no ar, é onde se ubicará o groso da peña a curto prazo, xa que as obras en Marcador son inminentes (ou iso agardemos, despois de tanta volta por parte do Emperador). Todo elo condicionado a cando poidamos reunirnos nos aledaños do templo nas previas e acceder de novo ó mesmo.

E tal como se vos avisou o pasado mes vía Wathsapp, o acordado pola directiva do grupo, e como compensación por esta atípica e baleira tempada, a gratitude na renovación das cuotas de socios. Outra sorpresa haberá en breve, en forma de agasallo para uns cantos agraciados.

Vémonos, dende o fondo da ría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.